Galicia entregará aos pais 40.000 sensores de alerta para evitar que un neno quede esquecido no coche
...
...
A Xunta entregará aos pais e nais de nenos recentemente nados e menores de dous anos 40.000 sensores de alerta que, conectados ao vehículo, permitan evitar que un neno quede esquecido nun coche. Así o adiantou este luns o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que sinalou que, con esta medida, Galicia será "pioneira" e se adiantará á obriga establecida pola Unión Europea de que os vehículos novos conten con este tipo de sensores para evitar falecementos vinculados a estes esquecementos.
Alfonso Rueda indicou que os dispositivos, 40.000 en total, se entregarán dentro da Cesta Benvida aos pais e nais dos nenos recentemente nados e tamén se darán a través dos servizos de pediatría aos pais e nais de bebés menores de dous anos. Trátase, precisou a conselleira de Política Social, Ángeles Vázquez, de sensores de peso e presión que irán conectados directamente ao vehículo e que servirán de sinal de alarma para evitar que un neno quede pechado nun coche. O investimento total nesta medida será de 1.350.000 euros.
Texto de Galicia Confidencial tal como lo publicó, leído de su página y mostrado aquí con el formato de El Autómata. El original, en galiciaconfidencial.com · Volver a la noticia de El Autómata