Detido un veciño de Cariño como presunto autor de varios roubos en igrexas - G24
Os feitos sucederon a raíz dos roubos acaecidos desde finais de maio en varias localidades da zona, xerando unha grande alarma social
Os feitos sucederon a raíz dos roubos acaecidos desde finais de maio en varias localidades da zona, xerando unha grande alarma social

A Garda Civil de Ortigueira detivo un varón, veciño de Cariño, como presunto autor de varios delitos de roubo.
A Garda Civil iniciou unha investigación co fin de esclarecer os feitos e identificar o autor ou autores destes.
Os gardas civís reuniron evidencias e indicios que conduciron á identificación do presunto responsable dos feitos e ao esclarecemento de 15 delitos de roubo ocorridos en igrexas das localidades de Ortigueira, Cariño e Cedeira, un nas instalacións do campo de fútbol de Cariño, a subtracción de dous vehículos e un delito de roubo no interior dun vehículo.
Texto de G24 tal como lo publicó, leído de su página y mostrado aquí con el formato de El Autómata. El original, en g24.gal · Volver a la noticia de El Autómata