O persoal dos autobuses urbanos da Coruña vai á folga para reclamar melloras laborais
Os sindicatos denuncian a falta de avances na negociación das condicións de traballo e aseguran que a carga laboral supera a doutras cidades do Estado. A emp...
Os sindicatos denuncian a falta de avances na negociación das condicións de traballo e aseguran que a carga laboral supera a doutras cidades do Estado. A emp...

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña, concesionaria do servizo de autobuses urbanos da cidade, secundou esta segunda feira unha xornada de folga para reclamar melloras nas condicións laborais. A mobilización, convocada polas organizacións sindicais ante a falta de avances nas negociacións coa empresa, incluíu unha caravana reivindicativa polas rúas da cidade e desenvolveuse co cumprimento dos servizos mínimos estabelecidos.
As centrais sindicais denuncian o que consideran unha situación de bloqueo nas negociacións das condicións de traballo e critican a elevada carga laboral que soporta o cadro de persoal. Segundo aseguran, a carga de traballo de cada empregado e empregada é "moi superior á do resto do Estado", mentres a compañía continúa a obter importantes beneficios económicos.
Neste sentido, os representantes sindicais acusan a concesionaria de priorizar a rendibilidade económica fronte ás condicións laborais do persoal. "A empresa énchese os petos", denuncian, ao tempo que a cualifican como a compañía do sector "máis rendíbel" a nivel estatal.
Pola súa parte, a Compañía de Tranvías da Coruña asegurou que durante a xornada se está a garantir a prestación do servizo conforme aos servizos mínimos fixados. A empresa tamén informou de que se produciron danos en dous autobuses, concretamente a rotura de dúas lúas cando os vehículos saían das cocheiras, sen precisar as circunstancias nas que se produciron os incidentes.
A protesta enmárcase nas reivindicacións do persoal para conseguir avances na negociación laboral e mellorar as condicións nas que se presta o servizo de transporte público urbano da Coruña.
Texto de Nós Diario tal como lo publicó, leído de su página y mostrado aquí con el formato de El Autómata. El original, en nosdiario.gal · Volver a la noticia de El Autómata