Primeiro luns de campaña e único debate televisivo galego cara ao 29N - Praza Pública
A CSAG programou para este 16 de novembro o seu único debate galego para as eleccións xerais
A CSAG programou para este 16 de novembro o seu único debate galego para as eleccións xerais

"Non dixen nunca que fose construír un millón de vivendas", di nunha entrevista en Político, malia que o punto 144 do programa do PP recolle expresamente o compromiso de facer esa cantidade: "Construirase un millón de vivendas máis en España".
O líder do PP asegurara antes en diversas intervencións a intención de que o seu goberno, no caso de chegar á Moncloa, constrúa ese millón de vivendas que agora nega.. Feijóo fixo esa promesa malia paralizar a vivenda protexida en Galicia.
O presidente do Goberno de España recibiu este luns na Maoncloa ao seu homólogo brasileiro, cuxa remonta electoral busca usar o PSOE como exemplo para intentar revalidar o goberno de coalición progresista en España.
O Partido Socialista difunde un vídeo en redes sociais onde mestura imaxes de seguidores de Lula no Brasil durante a campaña electoral coas de convocatorias socialistas ou dos demócratas nos EUA. "Bem-vindo Lula", di o PSOE, que replica o seu lema en portugués durante a visita do mandatario brasileiro: "A Força da Gente".
Néstor Rego salienta os descontos de ata o 75% nas peaxes entre os "logros" do Bloque na lexislatura estatal que remata pero, matiza, esta debe ser unha medida "provisional" ata a anulación da prórroga da concesión aprobada por Aznar, declarada ilegal pola UE. Seguir lendo
Na rolda na que se presentou a iniciativa interviron o economista Pancho Candela, o sindicalista Xosé Manuel Sánchez Aguión, o ex-presidente do Ateneo de Pontevedra Xaime Toxo e a escritora Marilar Aleixandre, que apelou á imaxe do "exército dos vagalumes" de Manuel Rivas para explicar o sentido da candidatura. "O que estamos propoñendo á cidadanía é votar pola luz e pola alegría", dixo. Seguir lendo
Mentres na campaña do 29N rexorde por enésima vez a amizade de Feijóo co condenado por narcotráfico, o PSdeG sinala o "valor simbólico" de que unha das súas antigas propiedades vire en pisos públicos e lanza convite: "Pedro Sánchez non terá problema". Seguir lendo
PSOE e Fronte Ampla defenden o seu labor no Goberno de España para consolidar avances sociais e o BNG pide máis fronte a un Partido Popular que ven á "deriva" da man de Vox e que defende a baixada masiva de impostos pero obvia aludir aos seus acordos con Vox. Seguir lendo
O secretario xeral do PP e cabeza de lista do partido pola Coruña insta os "votantes socialistas" a que "non vaian votar" nas xerais. Miguel Tellado reclámallelo para que "non sexan cómplices de todo o que fixo o PSOE nestes anos". "Se non é capaz de votarnos a nós, que queden na casa", reclamou nun mitin en Salamanca entre acusacións de corrupción contra Pedro Sánchez.
Feijóo esgrime o caso dun hostaleiro propietario de varios pisos en Santiago que cobraba "algo máis de mil euros" ao mes por cada un para prometer derrogar a lei de vivenda e as zonas tensionadas se goberna: "Non pode cobrar máis de 600; xa non o alugo, díxome", afirma nunha entrevista con La Voz de Galicia.
A Televisión de Galicia emite hoxe, luns 16, dende as 9:30 da mañá o que, a priori, se presenta como único debate galego en televisión cara ás eleccións xerais. No espazo participan Francisco Conde, cabeza de lista do PP por Lugo; a tamén número un pola provincia lucense do PSdeG, Patricia Otero; o voceiro da Fronte Ampla e candidato da formación ao Senado por Pontevedra, Paulo Carlos López, e mais o cabeza de cartel do BNG na provincia da Coruña, Néstor Rego, nun debate conducido por Marta Darriba, subdirectora de Informativos da CSAG.
A emisión é simultánea pola televisión tradicional e a través de internet, na plataforma Agalega.gal. Volverá emitirse esta noite, ás 22:30, pola G2.
Texto de Praza tal como lo publicó, leído de su página y mostrado aquí con el formato de El Autómata. El original, en praza.gal · Volver a la noticia de El Autómata