Os drons participan na busca dun octoxenario desaparecido en Moaña - G24
A Garda Civil continuará incorporando máis medios especializados co fin de dar co paradoiro do señor
A Garda Civil continuará incorporando máis medios especializados co fin de dar co paradoiro do señor

O GALI incorporou o equipo de drons para tratar de localizar un home de 86 anos desaparecido na tarde do sábado.
Con domicilio na Xeira, en Moaña, José Costa Gallego, que acostumaba dar un paseo despois de xantar, non volveu á casa.
A súa familia saíu na súa procura polos lugares que adoita frecuentar, sen éxito. Así, informaron a Garda Civil para iniciar un proceso de busca que se prolongou durante esta madrugada, e na que participou o Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA mediante a incorporación de drons.
Con todo, e tras varias horas de rastrexos, o GALI retirouse con resultado negativo.
Igualmente, a busca mantense activa coa participación doutros equipos como a Policía Local de Moaña e os voluntarios de Protección Civil.
Pola súa parte, a Garda Civil continuará incorporando máis medios especializados co fin de dar co paradoiro do señor.
Texto de G24 tal como lo publicó, leído de su página y mostrado aquí con el formato de El Autómata. El original, en g24.gal · Volver a la noticia de El Autómata